María Lago retira a Caridad González​ as súas responsabilidades no Goberno de Muros, mais anuncia a súa vontade de seguir mantendo vivo o proxecto do bipartito

24 Novembro 2026


A alcaldesa de Muros, María Lago (BNG), retiroulle este luns 23 de novembro a Caridad González Cerviño (PSdG) a​ tenencia de alcaldía e as responsabilidades de Cultura, Turismo e Facenda. A decisión​ fíxose efectiva mediante tres decretos. A tenencia de alcaldía queda vacante e González​ Cerviño deixa de percibir a súa retribución e de formar parte da Xunta de Goberno Local.​

​Estes feitos e a necesidade de aclaralos ante a cidadanía, dende o punto de vista do grupo nacionalista, motivou un comunicado que comeza deste xeito: “Dende o BNG de Muros cremos que os partidos políticos temos a obriga de ser​ transparentes e de falar con claridade e concisión sobre as cuestións que afectan o día a​ día da veciñanza”.

Na información o grupo achega polo tanto a súa visión dos feitos detallados que motivaron a presentación da denuncia e “as razóns polas que decidimos retirarlle a confianza​ política a Caridad González Cerviño”.​

Os feitos

O martes 17, María Lago presentou, en calidade de alcaldesa de Muros, unha denuncia​ ante a Garda Civil polos “danos na porta e polo acceso sen autorización ao seu despacho​ oficial”. Na denuncia recolleu tamén a posibilidade de que se accedese a información​ reservada á Alcaldía. A semana pasada, a Garda Civil tomou declaración a Caridad​ González Cerviño, así como a concelleiros e persoal municipal que se atopaban no​ Concello o día 16.​

“Desde o BNG de Muros consideramos especialmente grave a actuación denunciada. O​ despacho está asignado á alcaldesa para o exercicio do seu cargo.​ Alí traballa a diario e​ garda tamén pertenzas persoais. Nesa dependencia custódiase habitualmente​ documentación á que Caridad González Cerviño non debería acceder por un posíbel conflito​ de intereses”, sinala o BNG no comunicado, engadindo que “nos últimos meses houbo dificultades na relación de traballo entre María Lago e Caridad​ González Cerviño, e dende o noso grupo procuramos sempre o entendemento e ata agora fomos​ quen de resolver as diferenzas e sacar adiante o programa de goberno”.

Porén, os feitos​ denunciados cambiaron esa situación, polo que o BNG engade que “como organización que encabeza o Goberno de​ Muros, a nós tócanos responder ante a veciñanza por quen exerce responsabilidades no​ Concello. Pola gravidade da actuación denunciada, perdemos a confianza política en​ Caridad González Cerviño, unha decisión que afecta exclusivamente a ela, de feito a relación entre o BNG e o PSdeG é boa e o​ pacto de goberno funciona”.

No comunicado indicase que os outros dous integrantes do grupo municipal socialista​ seguen contando coa confianza dos nacionalistas. E engaden: “Valoramos o seu traballo e queremos seguir​ contando con eles no goberno. Sería inxusto que a actuación individual dunha concelleira​ deixase en segundo plano o que levamos feito entre todas e todos ao longo do mandato.​ O programa que acordamos co PSdeG segue vixente. É un acordo equilibrado que recolle​ as prioridades das dúas formacións. Cremos que é un bo proxecto para Muros e que paga a​ pena seguir levándoo á práctica. Esa é a nosa vontade: seguir gobernando xuntas e xuntos​ para cumprir o que acordamos e o que a veciñanza nos pediu nas urnas”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...