Encontro en Santiago das e dos axentes TIC das Aulas CeMIT (e premio para Rebeca Crujeiras, de Ribeira)

24 Novembro 2026
Unha das actividades desenvolvidas recentemente na Aula CeMIT de Ribeira (Obradoiro Tahume)

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Damián Rey, recibiu hoxe na Cidade da Cultura as persoas encargadas da coordinación das 93 aulas de formación dixital da rede CeMIT, que celebraron o seu encontro anual.

Lembrou que os axentes TIC son as persoas que atenden as aulas nos 90 concellos de Galicia que contan con dotacións de formación dixital no marco do acordo entre a Xunta e a Federación Galega de Municipio e Provincial (FEGAMP). Dende o ano 2011, as aulas levan impartidas unhas 700.000 horas de formación, nas que participaron as máis de 130.000 persoas rexistradas na rede. Ademais, CeMIT conta con preto dun millar de “aliados dixitais” entre os que se atopan empresas, entidades e persoas voluntarias, segundo recordou o director da axencia autonómica, quen destacou no saúdo aos asistentes “o papel dos axentes TIC na dinamización das aulas CeMIT, identificación de necesidades, propostas de novas actividades e acompañamento á cidadanía no seu proceso de adaptación aos novos modelos de comunicación”. Unha adaptación, engadiu, “crucial para as relacións humanas, para o desenvolvemento laboral ou para realizar calquera tipo de contacto ou xestión coas administracións”.

Damián Rey, director de AMTEGA, no encontro deste martes na Cidade da Cultura

Ademais de asistir a unha charla sobre formación, as persoas que participaron no encontro puideron visitar os dous laboratorios de ciberseguridade da Xunta que se encontran no Centro GaiasTech da Cidade da Cultura.

III Premios Axentes TIC

Durante a xornada, entregáronse os premios a axentes TIC na súa terceira edición. O primeiro premio na categoría Axente TIC foi para Rebeca Crujeiras, da Aula CeMIT de Ribeira, e o segundo premio foi para Vanesa Losada, da Aula CeMIT de Valga. Na categoría de Maiores dixitais, foi recoñecido o labor de Víctor Galdo, da Aula CeMIT de Cuntis e Laura Fernández, da de Celanova. E os premio na categoría Espazo maker foron para Rebeca Cujeiras, de Ribeira, e Vanesa Losada, de Valga.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...