As farmacias de Noia súmanse á campaña de Noia polo 25N

23 Novembro 2026

As farmacias de Noia sumáronse estes días á campaña Noia di NON á violencia de xénero, encadrada na axenda do CIM e o Concello de Noia para celebrar e visibilizar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, este 25 de novembro.

Segundo explicou o Concello respecto da implicación das boticas da vila na loita contra as agresións, “as farmacias son espazos de proximidade e coa súa participación, a campaña leva a información a lugares polos que pasamos a diario e achega os recursos de axuda a quen os poida necesitar”.

O Concello agradeceu a participación das boticas na campaña.

Máis axenda do 25N

O Concello de Noia conmemora este ano o 25N cun programa que implica os centros educativos, as farmacias e os espazos culturais da vila. O acto central será o mércores 25 de novembro, ás 11.45 horas, coa lectura da declaración institucional diante do Coliseo Noela. Participará alumnado de secundaria dos centros educativos e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero.

Ademais, o Casino de Noia acolle, do 13 de novembro ao 7 de decembro, a exposición Ecos de Kim, do alumnado do IES Virxe do Mar. Ademais, a Casa do Concello iluminarase de cor morada do 20 ao 29 de novembro.

O luns 23 de novembro, Montse Fajardo impartirá a charla O Padroado de protección ás mulleres: a institucionalización da violencia contra as mulleres no Coliseo Noela, dirixida ao alumnado de 4.º da ESO e 1.º de Bacharelato. Ás 20.30 horas ofrecerá unha segunda sesión, aberta ao público xeral, no Casino de Noia.

O martes 24, o alumnado de Educación Infantil dos centros educativos participará no contacontos teatralizado Daniel e Daniela.

O mércores 25, ademais da lectura institucional e do minuto de silencio, haberá un photocall baixo o lema Noia di non á violencia de xénero. Entre as fotografías participantes sortearanse seis vales de 50 euros. Ás 19.00 horas, o alumnado do IES Virxe do Mar lerá poemas da exposición Ecos de Kim no Casino de Noia.

O sábado 5 de decembro, Metanoia Arte Suave impartirá unha actividade de nocións básicas de defensa persoal no antigo Ximnasio Muiños. Haberá unha quenda de 11.00 a 12.00 horas para persoas de 10 a 15 anos e outra de 12.00 a 13.00 horas a partir dos 16 anos. O prazo de inscrición remata o 3 de decembro.

O domingo 13 de decembro, o Casino de Noia acollerá un obradoiro de defensa persoal para mulleres, de 10.00 a 14.00 horas. O prazo de inscrición remata o 10 de decembro. As inscricións para ambas as actividades tramítanse no Centro de Información á Muller (CIM), no 981 828 011 ou en cim@concellodenoia.gal.

A programación pecharase o sábado 19 de decembro, ás 20.00 horas, coa representación de As damas de Ferrol, de Teatro Noroeste, no Coliseo Noela. A función forma parte do Circuíto en Igualdade da Deputación da Coruña e a entrada será gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.