Domingo 22, recuperamos transitoriamente as altas presións con nubes e claros, chuvascos illados e descenso das temperaturas

21 Novembro 2026

Este domingo 22, Santa Cecilia, recuperarase de xeito transitorio a influencia das altas presións, deixando atrás o paso das frontes máis activas e abrindo paso a unha xornada máis variable tanto na comarca de Santiago de Compostela coma no conxunto das Rías Baixas.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, o día transcorrerá con ceos con alternancia de nubes e claros en practicamente toda a xeografía galega, acompañados de chuvascos de carácter illado e ocasional. Estas precipitacións serán máis intensas na metade norte da Comunidade, aínda que tenderán a remitir progresivamente co avance da xornada.

Nos termómetros notarase un descenso térmico entre lixeiro e moderado respecto aos valores do sábado, deixando un ambiente máis fresco tanto no interior coma na costa.

Polo que respecta ao vento, soprará de compoñente oeste con intensidade moderada en xeral en terra e no litoral atlántico, acadando aínda refachos fortes no litoral norte durante as horas da mañá.

O Barbanza

O noso mar: A situación marítima nas Rías Baixas e no litoral atlántico para este domingo, 22 de novembro de 2026, estará condicionada polo mar de fondo do noroeste e por un vento que irá perdendo intensidade e cambiando de dirección co avance da xornada.

Durante a mañá, o vento soprará de compoñente oeste con forza 4 a 5, deixando un estado do mar de forte marusía e ondas de mar de fondo do noroeste que acadarán entre 3 e 3,5 metros de altura.

De cara á tarde, manterase o vento do oeste pero amainando a forza 3 a 4, o que permitirá que o estado do mar baixe a marusía e as ondas descenden ata situarse entre os 2 e 3 metros.

Xa pola noite, o vento rolará a compoñente sur mantendo a forza 3 a 4 e o estado do mar de marusía, mentres o mar de fondo do noroeste deixará ondas de entre 2,5 e 3 metros. A visibilidade será boa ao longo dos tres tramos do día.

O Barbanza.

PREVISION DE PRESION ATMOSFÉRICA_

O Barbanza

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.