A Xunta activa o Plan Inungal en fase de preemerxencia ante o risco de inundacións en Galicia. A costa rexistrou xa preto de 40 l/m2 e Santiago 44 l/m2

21 Novembro 2026

As 12 da maña levanse rexistrados 43,8 litros/m2 na estación do Campus Sur de Santiago, 39 litros en Lesende no concello de Lousame e 38,9 litros/m2 na estación de O Fieitoso en Boiro, segundo os datos de Meteogalicia

Estación Meteogalicia Corrubedo

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia mantén o Plan Especial para o risco de inundacións en Galicia (Inungal) en fase de preemerxencia, ante a previsión de fenómenos meteorolóxicos adversos por precipitacións que afectan a boa parte do territorio galego.

A activación deste nivel implica o establecemento de medidas preventivas centradas no seguimento, control e observación continua da evolución meteorolóxica e hidrolóxica, co obxectivo de anticiparse a posibles enchentes nos cursos fluviais e avaliar en tempo real calquera risco para a poboación ou os bens.

Cómpre prestar especial atención ao seguintes ríos, nos que se poden producir situacións significativas de crecida (nivel laranxa) segundo os niveis rexistrados:

  • Río Caldo (Bubaces, Lobios).
  • Río Baltar (Sanxenxo).
  • Río Cabeiro (Redondela).

A través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, xa se trasladou este aviso por avenidas aos concellos e organismos implicados para que adopten as precaucións necesarias e manteñan preparados os seus medios e recursos dispoñibles.

Ante esta situación, recoméndase á p

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.