En Ribeira comeza a instalación do novo parque infantil na praza do Centenario

18 Novembro 2026

O Concello inviste máis de 160.000 euros nesta nova área recreativa que contará cun prazo de execución de catro meses e incluirá xogos de corda, unha cúpula, un sendeiro de parkour e elementos inclusivos.

O Concello de Ribeira iniciou este mércores os traballos de instalación do novo parque infantil da praza do Centenario, unha actuación á que a Administración local destina un orzamento de 160.119,30 euros (IVE incluído) e que executa a empresa Juegos Kompan, S.A. cun prazo previsto de catro meses.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, achegouse ata a zona para supervisar o arranque das obras dunha infraestrutura concibida con elementos distintos aos xa existentes no resto do núcleo urbano para ampliar a oferta de espazos de lecer infantil. «Despois da adxudicación no mes de setembro, xa está en marcha unha actuación moi demandada pola cidadanía para que os máis pequenos da casa teñan outro lugar para divertirse na cidade, nun espazo moi próximo ao centro neurálxico», destacou a rexedora.

Equipamento e xogos previstos

O proxecto contempla a colocación dun conxunto variado de estruturas lúdicas e inclusivas dirixidas a diferentes idades:

  • Unha estrutura en forma de cúpula da que se suspenden varios xogos de corda, capas de redes, escaleiras, pontes de corda, un tobogán, unha hamaca e tirantes.
  • Unha randeeira con asento inclusivo e asento para bebés, ademais doutra randeeira tipo péndulo.
  • Unha estrutura tipo sendeiro de parkour.
  • Unha roda xiratoria e unha cunca xiratoria.

Outros artigos

O Son inaugura a exposición Mulleres e Mar, no marco do 25N

Este martes 17 de novembro celebrouse no Son (Museo Marea) a inauguración da exposición Mulleres e Mar, impulsada por Asamblea de Cooperación pola Paz Galicia dentro do proxecto Elas Deciden e no marco do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as...

+

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que la información fluya”. José Castro López

“Que la información fluya”. José Castro López

En el fútbol se producen lances del juego en los que la decisión del árbitro acabafavoreciendo al infractor cuando la aplicación estricta del reglamento detiene una acciónmuy prometedora del equipo atacante o permite que el equipo que cometió la falta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.