A rapazada de Ribeira afondou no mundo literario de Begoña Caamaño da man do espectáculo Chaves invisibles

17 Novembro 2026

Un cento de alumnos e alumnas do CEIP O Grupo e do CPR Galaxia participou no espectáculo que se desenvolveu nesta maña na sala polivalente do Auditorio Municipal de Ribeira da man de Vero Rilo e Luís Iglesias con Chaves invisibles, que pon o foco na escritora e xornalista Begoña Caamaño, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas 2026, mediante a narración oral e a música en directo.

A concelleira de Educación, Nucha Brión, acompañou ao profesorado e estudantado nesta nova proposta de dinamización do uso da lingua galega. “Esta actividade ten unha vertente pedagóxica ao afondar no universo literario e na figura da autora homenaxeada neste ano, complementando así o impartido nas aulas mediante unha acción lúdica na que houbo tempo para cantar e abrir a porta a outros mundos a través das chaves invisíbeis que nos outorgan os libros.
Deste xeito, a nosa rapazada continúa aprendendo de maneira máis distendida e incúlcase neles o hábito lector”, tal e como explica a edil.

Cada aula participante levou consigo un exemplar da obra Bego e o mundo do revés, de Iria Collazo, no cal se basea dito espectáculo.

Outros artigos

O Parque Natural de Corrubedo presenta a folla de roteiro para 2027

Este martes 17 de novembro celebrouse a reunión da xunta reitora do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, na que se abordaron as accións desenvolvidas neste espazo natural en 2026 e as previsións para o próximo ano. Na xuntanza de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tres mestres” – Xulio Xiz

“Tres mestres” – Xulio Xiz

Moitas veces teño pensado na vida que terei perdido por non ser mestre, como era a miña intención cando en Vilalba estudaba a única carreira posible, como non fose acudir ao Seminario. Levoume o vento cara á cultura e a información, e non me pesa, aínda que teño...

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

¿Quiénes son los facistas? Fascistas son los que te impiden hablar, los que te tiran piedras y golpean para callarte. Fascistas son lo que pintarrajean las facultades universitarias, cuna del pensamiento, libertades y boicoteen el derecho a tu libre expresión,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.