Lousame abre este mércores a inscrición no servizo de conciliación para crianza sen Nadal, Entroido e Semana Santa

17 Novembro 2026

O Concello de Lousame abre este 18 de novembro o prazo de inscrición no Lousame Concilia, un programa para favorecer nas familias a harmonía entre tempo laboral e o de lecer durante as vacacións: un programa que o Concello convocou conxuntamente para os tres próximos períodos de vacacións escolares do período 2026-2027: Nadal, Entroido e Semana Santa.

O Concello de Lousame ofrece 20 prazas en cada convocatoria, mentres que as familias poderán optar por anotarse nun, dous ou nos tres períodos ofertados. As inscricións deberán formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de Lousame antes do 27 de novembro.

Lousame Concilia é un servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 16 anos que se celebra nos días laborábeis dos períodos de vacacións escolares, en horario de 9:30 a 14:30 horas, nas instalacións do CPI Cernadas de Castro. O Concello de Lousame convoca 20 prazas para: Nadal (10 días: 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro; e 4, 5 e 7 de xaneiro), Entroido (3 días: 8, 9 e 10 de febreiro de 2027) e Semana Santa (4 días: 22, 23, 24 e 29 de marzo).

Para anotarse, as familias só teñen que cubrir e asinar o correspondente impreso de solicitude (que poden descargar da web do Concello) e achegar a documentación precisa para acreditar calquera dos criterios establecidos para valorar as solicitudes. Máis información na Concellería de Igualdade: 981 820 494 ou 689 126 385.

Lousame Concilia é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e co-financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdade a través do Plan Corresponsables.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tres mestres” – Xulio Xiz

“Tres mestres” – Xulio Xiz

Moitas veces teño pensado na vida que terei perdido por non ser mestre, como era a miña intención cando en Vilalba estudaba a única carreira posible, como non fose acudir ao Seminario. Levoume o vento cara á cultura e a información, e non me pesa, aínda que teño...

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

¿Quiénes son los facistas? Fascistas son los que te impiden hablar, los que te tiran piedras y golpean para callarte. Fascistas son lo que pintarrajean las facultades universitarias, cuna del pensamiento, libertades y boicoteen el derecho a tu libre expresión,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.