O PSdeG reivindica en Amicos o dereito das persoas con discapacidade a participar na vida política

17 Novembro 2026

Representantes comarcais do PSdeG-PSOE visitaron este martes a sede en Boiro da asociación Amicos, entidade inclusiva do Barbanza, co obxecto de coñecer de primeira man o traballo que desenvolve a entidade e participar nun encontro coas persoas usuarias e os seus responsábeis, no marco da iniciativa A miña voz, o meu voto, impulsada para favorecer a participación política das persoas con discapacidade nas eleccións xerais do próximo 29 de novembro.

Na visita participaron Obdulia Taboadela, cabeza de lista socialista ao Congreso; Ana Alvite, candidata número tres ao Congreso; e Sindo Guinarte, candidato ao Senado, que agradeceron a invitación da entidade e destacaron a importancia de garantir que todas as persoas poidan exercer os seus dereitos políticos en igualdade de condicións.

A iniciativa de Amicos busca facilitar un espazo de encontro e diálogo entre as diferentes candidaturas e as persoas que acoden ao Centro de Día e residen no Fogar Amicos, permitindo que coñezan os programas electorais, trasladen as súas preocupacións e formulen preguntas para decidir o seu voto con liberdade.

Durante a súa intervención, Ana Alvite destacou o carácter especial da visita, xa que coñecía previamente o centro pola súa actividade profesional no ámbito sanitario. “Para min é unha visita moi especial porque hoxe estou aquí como candidata, pero o ano pasado xa estiven neste centro como profesional sanitaria, vacinando as persoas residentes”, explicou.

A candidata socialista puxo o foco na necesidade de respectar os tempos, as capacidades e as necesidades de apoio de cada persoa para garantir unha participación política efectiva.

“Estas persoas teñen todo o dereito a votar nesta democracia. Algunhas poden necesitar máis tempo ou apoio para coñecer as propostas e decidir a quen queren votar, pero teñen o mesmo dereito a participar que calquera outra persoa”, afirmou.

Alvite defendeu que as formacións políticas deben facilitar información comprensíbel e accesíbel para que as persoas con discapacidade poidan coñecer as distintas propostas e tomar as súas propias decisións.

“Paréceme de vital importancia que os partidos políticos veñamos aquí. Hoxe estamos nós, pero tamén participarán outras formacións. É fundamental escoitar estas persoas, expoñer as nosas ideas e responder todas as preguntas que queiran trasladarnos”, destacou.

Pola súa banda, Obdulia Taboadela agradeceu o convite de Amicos e destacou “a importancia de avanzar en políticas públicas que garantan os dereitos, a autonomía persoal e a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade”.

“Queremos poñernos á disposición das persoas usuarias de Amicos para escoitar as súas dúbidas, responder as súas preguntas e coñecer todo aquilo que nos queiran trasladar”, sinalou.

A cabeza de lista socialista reivindicou “as actuacións impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez en materia de discapacidade e dependencia”, e destacou “o papel das reformas normativas destinadas a reforzar a protección social e mellorar as condicións de vida das persoas que precisan apoios e das súas familias”.

Engadiu que “o Partido Socialista e o Goberno progresista de Pedro Sánchez teñen moi presentes ás persoas con discapacidade, sexa cal sexa a súa situación, para garantirlles dereitos, dignidade e medios que lles permitan desenvolver unha vida plena”, afirmou.

Taboadela fixo referencia ás reformas da normativa sobre dependencia e discapacidade como parte da aposta socialista por ampliar os dereitos e mellorar os recursos de atención e apoio.

A candidata tamén defendeu “o valor da diversidade como elemento fundamental para construír unha sociedade máis igualitaria e inclusiva”.

“A diferenza e a diversidade fan un país mellor e máis rico. Temos que seguir avanzando para que todas as persoas conten coas mesmas oportunidades e poidan participar plenamente na sociedade”, destacou.

Sindo Guinarte destaca o labor de Amicos na inclusión social e laboral

Pola súa banda, o candidato ao Senado, Sindo Guinarte, puxo en valor o traballo desenvolvido por Amicos no acompañamento das persoas con discapacidade intelectual, trastorno do espectro autista, dano cerebral e outras necesidades de apoio.

Durante a súa intervención, destacou que “segundo os datos expostos, a entidade apoiou o pasado ano a máis de 1.500 persoas e contribuíu á inserción laboral de preto de 500”.

“Este tipo de entidades son fundamentais para que as persoas con discapacidade ou dano cerebral poidan integrarse plenamente na vida social e dispoñan de oportunidades reais”, afirmou.

Guinarte tamén salientou “a importancia dos recursos especializados que ofrecen as entidades sociais para complementar a atención sanitaria e acompañar as persoas e as súas familias nas diferentes etapas da súa vida”.

Neste sentido, criticou ao Partido Popular polos, dixo, “recortes na sanidade pública galega” e reclamou que “as administracións reforcen os recursos destinados á atención, á rehabilitación, á inclusión social e á autonomía persoal”.

“Estas persoas teñen dereito a estar plenamente integradas na sociedade, a contar con oportunidades laborais e a levar unha vida plena. Para conseguilo é fundamental que as institucións públicas, tanto o Estado como as comunidades autónomas, poñan os recursos necesarios”, subliñou.

Amicos reclama máis recursos para a inclusión

O encontro desenvolveuse no marco do proxecto de cidadanía inclusiva de Amicos, unha iniciativa que busca que as persoas con discapacidade non só reciban atención, senón que poidan decidir, expresar as súas opinións e participar activamente na transformación da súa contorna.

No documento elaborado pola entidade para estas eleccións, Amicos recolle distintas reivindicacións dirixidas ás formacións políticas, entre elas “garantir a participación en igualdade de condicións, reforzar o sistema de dependencia, facilitar o acceso á vivenda e ao emprego digno, mellorar o apoio ás familias e asegurar unha atención sanitaria accesible e centrada na persoa”.

Ademais, a entidade propón incrementar do 0,7 % ao 1 % a asignación tributaria do IRPF destinada a fins sociais, mellorar as condicións laborais dos profesionais do sector da discapacidade e impulsar a incorporación de novas tecnoloxías aos coidados e á vida independente.

Os representantes socialistas destacaron “a importancia de escoitar estas demandas” e de “manter o diálogo coas entidades sociais para avanzar cara unha sociedade na que todas as persoas poidan exercer os seus dereitos e desenvolver o seu proxecto de vida con autonomía e dignidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tres mestres” – Xulio Xiz

“Tres mestres” – Xulio Xiz

Moitas veces teño pensado na vida que terei perdido por non ser mestre, como era a miña intención cando en Vilalba estudaba a única carreira posible, como non fose acudir ao Seminario. Levoume o vento cara á cultura e a información, e non me pesa, aínda que teño...

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

¿Quiénes son los facistas? Fascistas son los que te impiden hablar, los que te tiran piedras y golpean para callarte. Fascistas son lo que pintarrajean las facultades universitarias, cuna del pensamiento, libertades y boicoteen el derecho a tu libre expresión,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.