O Concello de Boiro executa melloras viarias no Polígono Industrial de Espiñeira

13 Novembro 2026

O Concello de Boiro executa as obras para a mellora de infraestrutura viaria no Parque Empresarial de Espiñeira. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para coñecer o desenvolvemento dos traballos.

A actuación, dun importe de 140.629,04 euros, contempla a renovación do asfaltado da vía da Fase I do polígono así como o pintado do firme.

Segundo explicaron, “a vía obxecto deste proxecto constitúe o eixo principal de circulación e acceso ás naves e parcelas do polígono, soportando tráfico frecuente e vehículos pesados que presentaba unha degradación significativa tanto do firme como da sinalización”.

Esta obra dá continuidade ás actuacións de mellora da infraestrutura viaria que se veñen realizando nos últimos anos en pequenos tramos, engadiron, apuntando que “o Parque Empresarial de Espiñeira conta cunha superficie de 324.500 metros cadrados e, na actualidade, conta co 90% das súas parcelas ocupadas por unhas cincuenta industrias”.

Para levar a cabo estas actuacións de mellora o Concello de Boiro recibe da Consellería de Economía e Industria unha subvención por importe de 112.503,23 euros.

Outros artigos

O PSdeG reivindica en Boiro a formación e o emprego de calidade

O PSdeG-PSOE realizou este venres unha visita ao Viveiro de Empresas e ao Coworking LabBarbanza, situados no parque empresarial Espiñeira, en Boiro, para coñecer as instalacións e os programas de formación e apoio ao emprego que se desenvolven neste espazo. Durante a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un funeral por muertos en España”. José Fernández Lago

“Un funeral por muertos en España”. José Fernández Lago

Han abandonado este mundo en contra de su voluntad, en momentos en que esperarían que su viaje transcurriera según los cánones, de suerte que llegaran a buen término. Sin embargo, no ha sido así, debido a que los responsables nacionales de los transportes no habían...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.