Sen vítimas mortais en Galicia pola COVID-19. O país rexistra un total de 340 casos activos por coronavirus

21 Xuño 2020

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 340, deles 109 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 24 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 140 da área de Vigo, 30 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 336 no domicilio.

Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.532 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 165.608.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 340, deles 109 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 24 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 140 da área de Vigo, 30 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 336 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.532 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 165.608.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.