A serie Ágata y Lola chega á Mostra de Curtas Vila de Noia

11 Novembro 2026

Este venres 13 de novembro, ás 20:30 h, o Liceo de Noia acollerá unha proxección especial da serie de Atresmedia Ágata y Lola, dentro da programación da XXVII Mostra de Curtas Vila de Noia.

As entradas entregaranse este xoves 12 de 18:30 a 20:30 h e tamén ao remate da proxección de Cousas de Aquí, na billeteira do Coliseo Noela. De haber máis entradas dispoñíbeis, repartiranse o venres pola mañá no Concello de Noia, ata esgotar existencias.

Ágata e Lola é unha serie policial ambientada en Vigo, protagonizada por Mireia Oriol e Eva Martín. A ficción é a adaptación española da exitosa serie francesa Astrid e Raphaëlle.

A trama céntrase na colaboración entre dúas mulleres con personalidades opostas que resolven crimes complexos en Galicia.

Ágata Díaz (Mireia Oriol). É unha brillante policía documentalista non espectro autista que traballa non arquivo da comisaría. Posúe unha memoria visual prodixiosa e unha gran capacidade de análise forense para conectar expedientes.

Lola Castro (Eva Martín). É unha inspectora extrovertida, impulsiva e pouco amiga das normas. Achega a intuición no terreo, a experiencia policial e unha forte empatía coas vítimas.

Sinopse de Ágata y Lola

Lola Castro, unha inspectora extrovertida e impulsiva, únese a Ágata Díaz, unha brillante policía documentalista que está no espectro autista. Ágata destaca pola súa memoria prodixiosa, o seu dominio da análise forense e a súa capacidade para resolver enigmas criminais, mentres que Lola achega intuición, experiencia no terreo e empatía coas vítimas. Xuntas, mesturan habilidades opostas pero complementarias, enfrontándose a crimes complexos e descubrindo como a colaboración entre lóxica e sensibilidade pode marcar a diferenza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que deseo de mis escritos” – Manuel Domínguez

“Que deseo de mis escritos” – Manuel Domínguez

Me gustaría, que las palabras fuesen sonoras, es decir que no las pronuncies con tu voz, que las lean tus ojos, y ellas explosionen como un parto y salgan a la vida, que sean sonoras, que hablen, que te hablen a ti en exclusiva. En el silencio se reflejan en tus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.