
Definitivamente será -se non hai trasacordo- a Academia de Televisión quen organice os debates electorais -o primeiro a dous e o segundo a catro ou cinco participantes- para o 29 de novembro. Ambos os dous debates son froito das negociacións levadas a cabo polos representantes do PSOE e o PP, aínda que sen datas confirmadas oficialmente para a súa celebración. O PP ofertou o 16 de novembro para o debate entre Pedro Sánchez e Alberto Feijoo, e un segundo a catro con Santiago Abascal (Vox) e Ada Colau (Frente Amplio).
O acordo, se ben non oficial, existe. Non se fixo público, aínda e con seguridade de datas no que atinxe a cadeas de televisión e o número exacto de participantes no debate.
Atresmedia propuxo un debate a catro o xoves, 26, que posteriormente, coa aprobación do PP e Vox, pasou a ser o luns, 23 de novembro. RTVE presentou a súa proposta dun debate de portavoces parlamentarios o 23 de novembro, con outro formato e outros protagonistas
Por que non se conta desta vez con RTVE?. Semella sinxelo: o PP esixiu por ecrito que RTVE non organizara ningún dos debates. O PSOE defendía que o debate a catro se levara a cabo nos medios de Radiotelevisión Española.
Así as cousas, a Xunta Electoral Central deberá ser quen decida que formacións teñen dereito a estes espazos. O seu criterio será decisivo para que Podemos entre no segundo debate.
No aire queda explicación de cal é o motivo polo que PP e Vox rexeitan a intervención nestes debates electorais de RTVE. Porque é pública e non son estes Gobernos da súa “corda”?. Que problema representan os grandes profesionais destes medios de comunicación que pagamos todos os españois. Só se me ocorre que as experiencias de Feijoo neses medios aínda lle proa. Mais a culpa non é de quen realiza os debates. Para min que é polo grao competencial dos devanditos medios.
As preguntas da Intxaurrondo a Núñez Feijoo aínda proen?


