
O Auditorio Municipal de Rianxo vai ser o escenario dun obradoiro formativo que mostrará os segredos da filmación ás novas xeracións rianxeira.
Trátase do Obradoiro Audiovisual Crea a túa curta, organizado pola Asociación Alberto Romero coa colaboración do Concello de Rianxo.
As sesións formativas levaranse a cabo o sábado 14 de novembro en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas.
As inscricións deberán facerse na conta apegocores@gmail.com e no móbil 662 531 453, onde tamén se pode solicitar información sobre o taller audiovisual, que será de balde e está orientado á rapazada de entre 10 e 18 anos.



