
Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que “poña orde” na polarización desenfrenada que experimentan actualmente na península Ibérica e Francia os máis novos, talvez os menos necesitados porque aínda dependen de seus pais para vivir. Aspiran, coma todos aspiramos no seu día, a vivir en condicións nunca acadadas polos seus antergos e convértense en elementos imprescindíbeis na confrontación coas forzas policiais e as da reacción.
Son as camadas que se supoñen herdeiras das esencias do sublime, coma se estes tivesen agora que cumprir a sagrada misión que non cumpriron figuras do seu santoral ultra do calibre de Hitler, Mussolini, Franco ou José Antonio, personaxes que protagonizaron un tempo no que en España se fusilaba por, simplemente, non pensar o mesmo que pensaba outro con máis mando ou poder. Do outro lado, máis do mesmo porque, ao fin e ao cabo todos fixemos o mesmo camiño aínda que fose por vieiros distintos. Aramos a mesma terra con distintos bois e o froito que a terra nos da son mandas coma os cinco cativos -cinco menores de idade- que este luns foron internados en Barcelona polos disturbios protagonizados por Blocus.
Imitando aos franceses?.
Pois saiba que o líder de Blocus estivo en Parìs antes de organizar saqueos en España e, segundo informacións publicadas, tiña recursos económicos para fugar.
É isto o que queren os españois do 2026?.
Por que non preguntan que fixeron os seus avós e bisavós e que fixeron con estes os contrarios na incivil (ben sei que todas o son, pero a do 36-39 em España foi unha guerra entre irmáns.
Que pena de país, que pena, chavales!…


