En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida e
asistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidos
din que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí, nesta cidade
estremeña, reuníronse, días pasados, representantes das Asociacións de Amigos do Camiño de
Santiago, para celebrar o XIV Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas, “HOMO VIATOR”
As distintas rutas do Camiño e Galicia foron protagonistas neste encontro de sabios xacobeos,
membros da Academia Xacobea e do Comité Internacional de Expertos, universitarios de distintas
áreas de coñecemento, periodistas, comunicadores, cineastas, expertos en publicidade e en deseño;
teólogos, curas, autoridades eclesiásticas, funcionarios e peregrinos. Alí estiveron homes e mulleres
de distintos lugares do mundo, explicando e falando para recordar o Xacobeo 93 e seguir o Camiño.
Efectivamente, peregrinos eran poucos, pero estaban moitas das persoas que axudan aos
peregrinos, voluntarios xacobeos, hospitaleiros e amantes do Camiño de Santiago, da arte e da
cultura xacobea, de tódalas comunidades autónomas e de varios países europeos, de América e de
Australia. Achegáronse a Mérida varios galegos ligados e ben unidos ao Camiño de Santiago. Algúns
deles, como os directivos da Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, da USC, Miguel
Taín e Domingo González Lopo, acadaron unha das máximas distinción da Federación Española de
Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (FEAACS), o Premio Pentafinium 2026, polo seu
traballo nos eidos da investigación e da divulgación, e polo curso de verán, Leccións Xacobeas, que
cada ano organizan.
Galicia e Santiago de Compostela estiveron na boca da maioría dos relatores, que compartían o
interese pola defensa e a promoción dos valores do Camiño de Santiago, “como un lugar de diálogo
e de encontro de culturas, persoas, civilizacións e ilusións”.
Tamén houbo referencias e loas para Elías Valiña, o cura do Cebreiro, o principal organizador do
primeiro destes congresos internacionais, o que se celebrara en Jaca, en 1987. A Tía Manuela envía
parabéns aos organizadores e a todos os participantes. Ultreia et suseia!
Sol e ambiente máis frío en Santiago e as Rías Baixas pola entrada de aire continental
A permanencia dun potente centro de altas presións situado ao norte da península Ibérica continuará marcando a pauta meteorolóxica en Galicia. Esta disposición atmosférica abrirá paso a unha masa de aire máis frío procedente do continente europeo, configurando un...



