Palmeira habilita paradas alternativas de transporte público e un semáforo no Carballal polas obras na AC-305

02 Novembro 2026

O corte de tráfico entre o cemiterio e A Ponte obriga a reorganizar as liñas de autobús entre Ribeira e A Pobra mentres duren os traballos de humanización.

O Concello de Ribeira ven de comunicar os detalles do novo plan de tráfego e transporte público establecido con motivo da nova fase de humanización da estrada AC-305 ao seu paso por Palmeira. Esta actuación mantén cortado o tráfico rodado no tramo comprendido entre a contorna do cemiterio municipal e o lugar da Ponte.

Para garantir a conectividade e minimizar a afección á veciñanza, habilitáronse paradas provisionais operativas mentres duren as obras, cuxa finalización está prevista para a segunda quincena deste mes de novembro.

Paradas de autobús operativas

Durante este período de restricións, os autobuses que cobren a ruta entre Ribeira e A Pobra (e viceversa) efectuarán parada exclusivamente nos seguintes puntos:

  • Sentido Ribeira-A Pobra: Avenida da Paz/Figueirido, contorna do colexio de Palmeira, Norte e Esteirón.
  • Sentido A Pobra-Ribeira: Esteirón, Norte, contorna do colexio de Palmeira e o cruce entre o lugar de Sampedro e a antiga Hesta Kurva.

Desde o consistorio lembran que aquelas persoas usuarias que necesiten desprazarse en transporte público cara a Santiago deberán facelo empregando directamente as paradas centrais de Ribeira ou A Pobra.

Regulación do tráfico no Carballal

Como alternativa para absorber a circulación derivada do corte na travesía principal, habilitouse un desvío polo lugar do Carballal. Nesta zona establecese un tramo especial de 400 metros de lonxitude regulado mediante semáforos para ordenar o fluxo vehicular con seguridade.

Dende o goberno local solicitan a comprensión e colaboración da cidadanía e dos automobilistas ante estas modificacións provisionais orientadas a mellorar definitivamente a accesibilidade e o espazo público na parroquia.

Outros artigos

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.