Domingo 1, tempo seco con sol despexado en Santiago e nas Rías Baixas

31 Outubro 2026

Este primeiro de novmebro, Todolos Santos, Galicia continuará baixo o dominio do anticiclón situado sobre as Illas Británicas, o que asegurará unha xornada de estabilidade xeneralizada en boa parte do territorio. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en puntos do interior, mais irán disipándose a medida que avancen as horas para dar paso a ceos moi despexados na maioría das comarcas, coa única excepción do extremo norte, onde a nebulosidade persistirá.

Este panorama despexado notarase con claridade tanto nas Rías Baixas como na contorna de Santiago de Compostela. No litoral pontevedrés e a ría de Arousa gozarán de amplos períodos de sol durante toda a xornada, mentres que na capital galega as brétemas matinais darán paso a unha tarde solleira e luminosa.

No que respecta aos termómetros, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, o que deixará un ambiente fresco nas primeiras horas do día, mentres que as máximas manteranse sen grandes mudanzas, roldando valores confortables nas horas centrais.(máximas de 21 a 24 graos).

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 4 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.