Segue aberto o prazo para inscribirnos na Sin-Son 2026 (últimas 500 prazas)

30 Outubro 2026

Dende o Concello do Son mandan hoxe un novo recordatorio sobre o prazo de inscrición da Sin-Son 10K 2026, que continúa aberto a través da web Emesports, con medio milleiro de prazas (arredor de 500) dispoñíbeis aínda na primeira hora da mañá deste venres 30 de outubro. Quen queira participar pode facelo a través das ligazóns da biografía ou directamente dende Emesports.

As inscricións á Carreira Sin-Son 10K 2026 finalizarán o domingo 13 de decembro de 2026 23:59h. ou ao completar a cota de prazas dispoñíbel. Recoméndase facer canto antes a inscrición porque, pola experiencia doutros anos, as prazas adoitan cubrirse en pouco tempo.

A nova edición da proba celebrarase da man do Concello o vindeiro domingo 20 de decembro. Será unha cita que reunirá a deportistas nun percorrido de 10 quilómetros entre Portosín e Porto do Son e que está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.

A saída da proba absoluta está prevista para as 11:00 horas desde Portosín, con chegada ao Porto do Son. O circuíto constará dun primeiro tramo urbano de 3,55 quilómetros en Portosín con outros 6,45 quilómetros pola estrada AC-550 ata alcanzar a meta, situada na zona portuaria de Porto do Son.

O prazo de inscrición comezou o venres 23 de outubro. O prezo será de 10 euros por persoa ata o 29 de novembro e de 12 euros desde o 30 de novembro ata o peche do prazo.

A organización habilitará diferentes opcións para a recollida de dorsais e chips, tanto nos días previos como na propia xornada da proba. Ademais, os participantes disporán dun servizo de autobuses para trasladar os participantes desde Porto do Son ata Portosín, lugar de saída da proba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.