O Centro de Innovación Social Dálle Que Dálle (Sociedade Cooperativa Galega) vai poñer en marcha en Rianxo o Programa “Emprego no Rural” coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo.
Este programa consta dunha formación de 30 horas acompañada de asesoramento individualizado durante 4 meses, dirixida a mulleres que están emprendendo ou levan menos de dous anos como autónomas, que están en situación de desemprego, que desenvolven actividades informais que queren profesionalizar ou que estean a valorar modelos ligados á economía social.
As actividades formativas sobre a economía social e as ferramentas dixitais realizaranse entre os días 02 e 30 de novembro.
Quen precise máis información tena na web municipal do Concello de Rianxo.




