O Concello de Ribeira, con motivo do “decreto de loito oficial polo accidente ferroviario de Urda (Toledo)”, informou da suspensión da actividade festiva de Samaín “como mostra de respecto”; unha serie de actividades que cambian de data. Neste senso, unicamente se manteñen as accións de carácter cultural no
Auditorio Municipal, onde se gardará un minuto de silencio antes do inicio de cada unha das sesións: a función teatral Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, no venres, 30 de outubro, ás 21.15 horas; e o espectáculo infantil A Casa Encantada, a cargo do Mago Paco, no sábado, 31 de outubro, ás 19.00 horas.

No que respecta á programación especial de Samaín, cancélase a festa con Luzeta e DJ Enter que estaba prevista para a noite do sábado 31. En canto ao resto de propostas, cámbiase a data, quedando a axenda da seguinte maneira:
Domingo, 1 de novembro
Inauguración da exposición de monstros e baile de Alfaia: ás 12.00 horas, na capa da rúa Galicia.
Escape room Misión Samaín: de 12.00 a 14.00 horas, e de 16.00 a 20.00 horas, na Casa da Xuventude. Entrada libre e gratuíta.
Obradoiros de globoflexia e pintacaras terroríficos: de 16.30 a 18.30 horas, na carpa da rúa Galicia.
Festa infantil de disfraces: de 18.30 a 20.30 horas, na carpa da rúa Galicia.
Quedada linedance de Taller Alecrín: ás 20.00 horas, na praza do Concello
Luns, 2 de novembro
Exposición de monstros: de 17.00 a 20.00 horas, na carpa da rúa Galicia.




