Sumándose á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), veciños e veciñas de Ribeira gardaron un minuto de silencio na tarde de hoxe en sinal de respecto polas vítimas mortais no accidente ferroviario da provincia de Toledo, así como mostra de agarimo e solidariedade cos seus seres queridos nestes difíciles momento.
Tamén é encomiable o labor desenvolvido polos equipos de emerxencia e sanitarios na zona no rescate dos corpos das persoas falecidas e atención aos feridos.




