O Concello de Boiro adquire un vehículo 100% eléctrico para a xestión de biorresiduos

27 Outubro 2026

O Concello de Boiro recibiu da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático unha subvención por importe de 73.330,84 euros para a adquisición dun vehículo ECO 100% eléctrico coa finalidade reducir a emisión de gases na recollida de residuos orgánicos e xestión da recollida orgánica municipal.

Trátase dun vehículo cen por cen eléctrico con etiqueta cero emisións con cabina de dúas prazas e capacidade de carga traseira para biorresiduos adaptado á estrutura urbana das rúas e puntos de recollida do municipio.

Este servizo complementará o traballo do Concello de Boiro en materia de sustentabilidade: un labor que colleu impulso coa habilitación do contedor marrón no termo municipal e diversas accións ambientais como a adquisición de composteiros para repartir nas vivendas mediante o programa Compostaxe Doméstica, co que se levan entregados xa máis de 450 contedores.

Mais tarde comezouse coa aplicación da recollida de residuos orgánicos en grandes produtores, o que supuxo nos primeiros meses unha recollida de 7.296 kg de materia orgánica, que se complementou cunha campaña de sensibilización para concienciar á veciñanza.

Coa adquisición deste vehículo o Concello de Boiro segue a traballar na implantación, de xeito progresivo, do contedor marrón, habilitando medios para a xestión efectiva dos residuos orgánicos.

A compra deste vehículo conta co financiamento da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia a través das axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, co-financiadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.