O Samaín convida a pasalo de medo en Ribeira cunha nutrida programación

26 Outubro 2026

Ribeira prepárase para vivir un Samaín con numerosas citas organizadas polo Concello que seguen a dinámica propia destas datas. Á presentación asistiron a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; o edil de Festexos, Fernando Abraldes; a súa homóloga de Xuventude, Carmen Pérez; e representantes de Alfaia e Alecrín, María José Carreira e Francisco Muñiz, respectivamente. Segundo indicaron, o programa de actividades arranca coa xa tradicional inauguración da exposición de monstros e baile da Asociación Alfaia, no venres, 30 de outubro, ás 18.00 horas, na carpa municipal, a carón do mercado.

O groso das accións concéntrase no sábado, 31 de outubro, coa continuidade da exposición de monstros, globoflexia e pintacaras, dende as 18.00 ata as 20.00 horas, no dito espazo municipal.

Xa orientado ao público xeral, a Casa da Xuventude converterase tamén nun escape room terrorífico, de 17.00 a 21.00 horas; unha proposta que terá continuidade no domingo, 1 de novembro, de 17.00 a 20.00 horas. A entrada é libre e gratuíta.

Así mesmo, o Mago Paco fará que os máis pequenos da casa o pasen de medo co espectáculo A Casa Encantada, ás 19.00 horas, no Auditorio Municipal. Morcegos, o Conde Drácula, Frankenstein e moitos máis personaxes tomarán parte desta función con grandes doses de humor e imaxinación. A entrada é libre e gratuíta.

E, pola noite, será o momento de bailar coa música de Luzeta e DJ Enter a partir das 22.00 horas, na carpa instalada no Malecón.

No domingo, 1 de novembro, Alfaia celebrará unha festa infantil de disfraces na carpa da rúa Galicia, en horario de 18.00 a 20.00 horas; mentres que o ambiente festivo seguirá ás 20.00 horas para o público adulto, na carpa do Malecón, coa quedada linedance de Taller Alecrín.

“Volvemos contar co noso tecido asociativo na organización das actividades do Samaín e, da man de Alfaia, poderemos desfrutar da tradicional exposición de monstros; unha mostra chea de creatividade para que todo o público o pase de medo. E tampouco faltarán outras citas como a globoflexia, o pintacaras e a festa infantil. Ademais, neste ano, con Taller Alecrín teremos unha quedada de linedance para que desfrutemos do baile social”, sinalou a concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

Sobre o baile tamén se pronunciou o edil de Festexos, Fernando Abraldes, referíndose aos dous DJ que amenizarán a noite do sábado. “Temos tamén ocio nocturno a cargo de dous magníficos artistas que converterán o Malecón nunha festa, axudando tamén á dinamización social e económica do centro urbano e da hostalaría en época baixa. E quixemos apostar por unha veciña que se dedica á música, servindo tamén esta sesión DJ como escaparate do talento local”, manifestou.

No que respecta ao escape room da Casa da Xuventude, a representante de Xuventude, Carmen Pérez, declarou que “esta é unha mostra máis do compromiso do Concello para revitalizar este espazo municipal e convertelo en punto de encontro para a mocidade con actividades que sexan do seu interese e, dado o éxito que teñen estas actividades de fuxida que mesturan diversión e estratexia, cremos idóneo poñer en marcha a iniciativa Misión Samaín, dentro do proxecto Por fin é finde!, no que tamén houbo recentemente obradoiros de repostería creativa coa temática destas datas, desenvolvidos integramente en inglés”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.