O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional volverá a Rianxo o 10 de novembro.
Este vehículo permite entre outros servizos facilitar a expedición e renovación de DNI, aínda que tamén supón que se poida expedir e renovar o pasaporte nos municipios nos que se atopa sen ter que trasladarse a outras localidades. Os documentos entréganse de forma inmediata, polo que xa non é necesario achegarse dous días.
Quen queira realizar algún trámite no vehículo pode achegarse ao Concello de Rianxo en horario de 9:00 a 13:00 horas ou chamar ao 981 86 00 75.
Un vehículo VIDOC (siglas de Vehículo Integral de Documentación) é unha furgoneta policial de última tecnoloxía que funciona como unha oficina móbil e itinerante da Policía Nacional para expedir o DNI e o pasaporte ao instante.
Foron creados dentro do Plan de Identidade Digital e están financiados con fondos europeos. O seu gran obxectivo é achegar a administración ao medio rural, a concellos que non teñen comisaría propia e a persoas con mobilidade reducida.




