
A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos formativos en novas tecnoloxías para o mes de novembro. As inscricións para participar deben facerse mediante o enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou os teléfonos 981 84 26 35 e 629 769 139. Serán actividades centradas na ofimática, nos servizos da nube, na impresión 3D e nas vantaxes de realizar trámites administrativos por Internet.
En concreto, neste mes de novembro vanse desenvolver as seguintes formacións: LibreOffie Calc (follas de cálculo), que será do 2 ao 5 de novembro de 10.00 a 12.00 horas; A nube de Google, do 9 ao 12 en horario de 10.00 a 12.00 horas; Deseño e Impresión 3D será do 16 ao 18 de novembro de 10.00 a 12.00 horas; e Tramitación electrónica, do 23 ao 26 de 10.00 a 12.00 horas.
A Aula CeMIT do Concello de Boiro está situada no Centro Social de Boiro e é aula de referencia dende os seus inicios no ano 2010 pola formación en novas tecnoloxías que oferta ao longo do ano.



