O PSOE de Lousame propón actuacións prioritarias para financiar co POS+ Adicional da Deputación da Coruña 

23 Outubro 2026

O PSdeG-PSOE de Lousame vén de rexistrar no Concello unha proposta de “actuacións prioritarias” para financiar a través do próximo POS+ Adicional da Deputación da Coruña. Os socialistas reclaman ao Goberno municipal que “aproveite estes fondos provinciais para atender as necesidades máis urxentes das distintas parroquias e mellorar os servizos públicos”. 

A proposta céntrase en tres ámbitos fundamentais: a mellora do saneamento, a pavimentación da rede viaria municipal e a conservación dos equipamentos comunitarios. O PSdeG-PSOE considera que “estas actuacións son necesarias para mellorar a calidade de vida da veciñanza e garantir unha distribución equilibrada dos investimentos entre os distintos núcleos de poboación”. 

En materia de saneamento, os socialistas propoñen executar as redes da Silva, Arribas, Cabalariza, Sabugueiro, Comparade, Maxide e Outeiro, así como completar as obras pendentes na Filgueira. 

No ámbito viario, solicitan rematar a pavimentación de Berrimes, actuar nas estradas de Lesende a Vilacoba, de Vilacoba a Mirón, de Arxellas a Guiende e da Igrexa de Tállara a Guiende, ademais de acometer melloras nos núcleos de Servia, Quintáns de Béxeres e Mirón. 

Entre as actuacións propostas para os equipamentos públicos destacan a construción dunha cuberta no patio do Punto de Atención á Infancia (PAI) e a reparación do ascensor do club de xubilados, dúas intervencións que os socialistas consideran importantes para mellorar as condicións de uso destas instalacións. 

Desde o PSOE de Lousame subliñan que “o POS+ Adicional representa unha oportunidade para dar resposta a necesidades que levan tempo sendo demandadas pola veciñanza e insisten na importancia de priorizar os investimentos en servizos básicos e infraestruturas municipais”. 

Por todo isto, os socialistas solicitan formalmente ao Goberno local que “incorpore estas propostas á planificación das actuacións que se financiarán con cargo ao POS+ Adicional da Deputación da Coruña, garantindo que os fondos provinciais se destinen a melloras necesarias para o conxunto do municipio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.