Máis de 200 persoas participarán este sábado no primeiro certame de crebacabezas de Padrón

23 Outubro 2026

Máis de 200 persoas chegadas de distintos puntos de Galicia participarán mañá, sábado 24 de outubro, no I Concurso de Puzzles de Padrón, unha cita organizada pola Asociación Española de Puzzles (Aepuzz) coa colaboración do Concello de Padrón e que terá como escenario o Polideportivo Municipal.

Segundo informou o Concello, a convocatoria superou as previsións iniciais e a organización “tivo que ampliar o número de prazas dispoñíbeis para dar resposta á elevada demanda de participantes”.

O Concello de Padrón implicouse na organización da actividade a través da Concellería de Novas Tecnoloxías.

O concurso comezará ás 10.00 horas coas categorías infantís, divididas en tres grupos: de 4 a 6 anos, de 7 a 9 e de 10 a 12 anos. A continuación terá lugar a modalidade por parellas e, xa durante a tarde, celebrarase a proba individual.

O Polideportivo Municipal permanecerá aberto ao público de maneira gratuíta durante toda a xornada, polo “que a veciñanza e as persoas que se acheguen a Padrón poderán seguir as diferentes probas e compartir o ambiente dunha competición pensada para públicos de distintas idades”, informaron fontes do Consistorio.

O programa inclúe as tres categorías infantís, a competición por parellas e a modalidade individual. Ao longo da xornada haberá agasallos, sorteos e premios, con recoñecementos específicos para as persoas mellor clasificadas nas diferentes probas.

Esta primeira edición do concurso nace “coa intención de ofrecer unha proposta de lecer diferente, ademais de favorecer a convivencia arredor dun pasatempo que combina concentración, rapidez e axilidade mental”, sinalou o Goberno local, engadindo que o evento preséntase como un plan idóneo para gozar en familia ou entre amigos.

A iniciativa contou cunha destacada resposta do tecido empresarial local. Diversos establecementos e empresas da vila colaboraron mediante achegas económicas, servizos e agasallos, contribuíndo á organización dos premios e ao desenvolvemento da xornada.

Entre as firmas colaboradoras figuran Recambios Carbajal, A Pementeira, Tatino, Calzados Noya, Vamos de Troula, Almacenes Eladio, A Casiña da Avoa, Viajes Susavila, Eiras Fisioterapia, Librería Pensamentos, Pulpería Rial e A Parada do Camiño.

Desde o Concello de Padrón valórase a boa acollida desta primeira edición, que incorpora unha nova proposta á programación da vila durante a fin de semana e contribúe á dinamización social e económica do municipio.

Outros artigos

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.