O PSdeG esixe axudas extraordinarias e flexibilizar os requisitos tras o peche de bancos na ría de Arousa

22 Outubro 2026

O deputado Carlos López Font reclama no Parlamento axudas extraordinarias para o marisqueo e un plan de choque con fondos específicos nos orzamentos autonómicos.

O grupo parlamentario do PSdeG cargou con dureza contra a política da Xunta de Galicia en materia de marisqueo. O deputado socialista Carlos López Font denunciou hoxe en comisión parlamentaria que o peche dos principais bancos da ría de Arousa —entre os que citou Cabío, O Bohído e Os Lombos do Ulla— realízase sen actuar «de maneira decidida» sobre as causas de fondo que orixinan o seu deterioro. Segundo Font, clausurar estas zonas sen medidas estruturais «non é unha política de recuperación», senón limitarse a «agardar que a natureza resolva soa o que a Administración ten a obriga de afrontar».

O representante socialista advertiu de que esta inacción deixa desprotexidos aos profesionais do sector, facendo que «mariscadoras e mariscadores paguen as consecuencias» ao depender directamente da produtividade desas áreas. Ante este escenario, López Font defendeu a urxencia de revisar os requisitos de acceso ás axudas por paralización da actividade, poñendo o foco na exixencia actual de 120 días de traballo previo, unha barreira que deixa fóra das compensacións a moitos traballadores que non puideron acadar ese cómputo mínimo. Para os supostos non cubertos polos fondos europeos Fempa, solicitou que o Goberno galego habilite mecanismos complementarios con recursos propios.

A iniciativa presentada polo PSdeG inclúe tamén aos profesionais a flote que non se poden acoller ao cesamento de actividade ordinario. Para este colectivo reclamou unha coordinación urxente entre as distintas administracións e a posta en marcha dun programa extraordinario de axudas compensatorias específico para os bancos afectados, con cobertura vixente entre outubro deste ano e marzo de 2027.

Para alén das medidas paliativas imediatas, o deputado socialista demandou consignacións específicas nos orzamentos da Comunidade para artellar un auténtico plan de choque dirixido á recuperación ambiental, produtiva e socioeconómica da ría de Arousa. A proposta contempla a realización dun diagnóstico científico rigoroso, tarefas de rexeneración dos fondos e apoio financeiro continuado, todo elo fiscalizado a través dunha mesa de seguimento integrada polo sector e as institucións competentes.

Font concluíu a súa intervención lembrando que a crise da ría «xa non se pode abordar coma unha situación excepcional que se resolve pechando os bancos uns meses», senón coma un conflito estrutural de calado económico, ambiental e social. «O sector non pode seguir asumindo en solitario o custo dunha crise con múltiples causas. A ría de Arousa non pode esperar outro ano máis», sentenciou.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.