Amnistía Internacional Barbanza organiza un acto sobre vivenda o vindeiro mércores 21 de outubro ás 19h en Ribeira, de entrada libre. Neste Parladoiro polo dereito á vivenda participarán Jose Manuel Pena, de Stop Desafiuzamentos Barbanza, Giovanni Spitaleri, avogado italiano especializado en vivenda, o Sindicato de Inquilinas do Barbanza e Gloria Angulo, de Amnistía Internacional Barbanza.
O acto, que estará moderado por Jessica García, presidenta de Aminnistía Internacional Galicia, celébrase no Liceo Marítimo de Ribeira, sito na rúa Linares Rivas.




