Este martes, Galicia quedará baixo a influencia de baixas presións situadas ao oeste de Irlanda, un panorama meteorolóxico que afectará de cheo ás Rías Baixas e á zona de Santiago coa entrada dunha fronte fría polas últimas horas do día.
O tempo nas Rías Baixas
Na zona costeira e interior das Rías Baixas, a xornada arrincará con intervalos de nubes altas e algunhas brétemas matinais. Con todo, ao ser a franxa occidental a porta de entrada da fronte, o anubramento intensificarase con maior rapidez a partir da tarde, deixando chuvias que irán a máis conforme se achegue a noite. No litoral, o vento soprará con intensidade moderada do oeste-suroeste, virando a noroeste tralo paso do fronte activo. Temperaturas máximas de 19 graos.
O tempo en Santiago de Compostela e comarca
O día na capital galega e contorna comezará con néboas matinais e a presenza de nubes de tipo medio e alto. A medida que avance a xornada, os ceos iranse cobrindo progresivamente desde o oeste. As precipitacións farán acto de presenza de maneira feble cara ao final do día, intensificándose coa chegada da fronte. As temperaturas manterán sen cambios significativos e o vento soprará de compoñente oeste-suroeste de carácter xeralmente frouxo. Temperaturas máximas de 16 graos.

O noso mar: vento do norte á mañá, do oeste á tarde e do noroeste á noite, forza 1 a 3 á mañá, 3 a 4 á tarde e 4 a 6 á noite. Mar ovellado á mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros.



