Arquivada a querela por prevaricación contra Juan José Dieste por falta de probas

18 Xuño 2020

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ribeira dictou por falta de probas o sobresemento e o arquivo da querela por prevaricación administrativa presentada contra o anterior alcalde de Boiro, Juan José Dieste, a edila Beatriz Deus e a técnica municipal Josefa Campaña.

A xustiza reitera que a parte querellante , a ex asistente social Milagros Tubío á que o Concello despediu no 2015 pola comisión de posibles anomalías, non achegou máis indicio documental que as súas afirmacións.

A xuíza di que a denunciante fala de irregularidades cometidas durante o seu traballo no Concello feitos dos que non se achegou a mínima proba. Di que se fan referencias a artigos de prensa ou a presuntas informacións da opinión pública que en ningún caso poden constituír indicio penal algún. No fallo faise mención ao feito de que a querelante dirixe a súa demanda unicamente cara a tres persoas, cando a maior parte dos contratos aos que se refire aprobounos a xunta de goberno.

Afirma a xuíza que se descoñéce por que a acción penal exercitada por Milagros Tubío non se dirixe contra todos os integrantes do órgano. O ditame final da maxistrada di que non “se aprecian indicios de criminalidade dos feitos denunciados que xustifiquen a continuación do procedemento contra os investigados”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.