O Concello de Ribeira intensifica no centro urbano unha campaña fronte a roedores

19 Outubro 2026

Para facer fronte aos roedores, o Concello de Ribeira intensifica no núcleo urbano unha campaña de desratización que se suma aos controis habituais. Xa nos últimos meses se acometeu esta medida nas parroquias e barrios da cidade e a partir desta semana farase especial énfase no centro.

Ambitega Plagas S.L. continuará aplicando nestes días tratamentos de desratización na rede de sumidoiros con produtos específicos para estes mamíferos, sen afectar ao resto da fauna nin seres humanos.

Tamén se actuará en superficie co selado de buracos onde habitan os roedores. Así mesmo, realizarase tratamento insecticida fronte ás cascudas.

Esta nova campaña supón un investimento próximo aos 2.000 euros a levar a distintos puntos da cidade ata mediados do mes de novembro. Farase de maneira integral na rúa Galicia, Malecón e paseo das Carolinas, así como en avenida Rosalía de Castro, rúa Barbanza, rúa Carroucha, rúa Carqueixa, rúa Manzanares, rúa Sidreiras, así como en barrios como Fondevila, Xarás ou Abesadas, entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.