A Pobra do Caramiñal encara as XXVIII Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán con conferencias, cinema e teatro

20 Outubro 2026

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal continúa ao longo da segunda quincena de outubro coa programación da vixésimo oitava edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, achegando diversas propostas culturais abertas á veciñanza e aos centros educativos.

A actividade retomarase o mércores 21 de outubro ás 20:00 h no Centro de Estudos do Museo Valle-Inclán cunha conferencia divulgativa a cargo de Juan Manuel Monterroso, catedrático de Historia da Arte da USC, baixo o título «…Pazo es. Una poética del espacio aplicada a la arquitectura pacega a través de la literatura».

A fin de semana concentrará varias citas destacadas:

  • Sábado 24 de outubro: Ás 12:30 h presentarase no Centro de Estudos do Museo o facsímile da obra «Sonata de otoño» de Ramón del Valle-Inclán, editado por Alvarellos e con prólogo de Xaquín del Valle-Inclán Alsina. Xa pola noite, ás 20:00 h, o Teatro Elma acollerá a proxección da película «Tirano Banderas» (1993), dirixida por José Luís García Sánchez.
  • Domingo 25 de outubro: Ás 20:00 h no Teatro Elma, a compañía TEP – Teatro En Punto porá en escena a peza «Josefina máis eu», con dramaturxia a partir de Margarita Nelken e Carmen de Burgos baixo a dirección de Gloria Rico Galán.

O público escolar terá protagonismo a semana seguinte coas funcións de «Tirano Banderas» a cargo de Teatro Cachirulo, con monicreques de Carmen Domech e dirección de Jorge Rey. As sesións terán lugar o martes 27 ás 11:30 h no CEP Salustiano Rey Eiras e o mércores 28 á mesma hora no CEP Pilar Maestú Sierra.

O broche final chegará a finais de mes:

  • Venres 30 de outubro: Conmemoración do nacemento do escritor. Dende as 12:30 h haberá unha ruada de música tradicional co grupo Caraveiros por prazas e rúas da localidade (Praza de Galicia, Alameda Valle-Inclán, Mercado Municipal, Praza Fonte dos Catro Canos, Praza García Martí e Cantón da Leña), seguida ás 13:00 h da tradicional ofrenda cívica ante o monumento ao autor no Cantón da Leña.
  • Sábado 31 de outubro: Ás 20:00 h no Teatro Elma pecharanse os actos co espectáculo «Retablo do esperpento» de Noitebras Teatro, adaptación conxunta de «Ligazón» e «A rosa de papel».

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Julian Bustelo, alcalde de Rianxo, Julian Alcalde, Concelleiro de Deportes, e Ramón Villanustre, técnico de deportes, presentaron hoxe na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro. A proba está incluída no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.