
Ao abeiro da Mostra de cine documental Mares da Fin do Mundo, que se celebra en Rianxo este domingo, 18 de outubro, ás 13 horas no Auditorio Municipal, terá lugar a presentación do libro da editorial Galaxia Un mar de curiosidades, de Javier García Caldo. A idea de publicar este libro xorde como continuación do primeiro libro do autor chamado Un mar de preguntas, publicado en 2025.
Desta volta, Javier García Galdo recompila aspectos curiosos da vida no mar para divulgar dun xeito coloquial o coñecemento que temos sobre os mares e promover o seu coidado. Despois de divulgar durante anos no programa semanal da Radio Galega Mar de Ardora e mais recentemente dende a súa canle en redes sociais chamada Curiosoceano, onde se fai chamar Pontonauta. Agora céntrase neste novo libro, en seleccionar temas descoñecidos e interesantes do mundo misterioso que hai baixo as augas.
Un mar de curiosidades xa está á venda en librarías, comezará a súa andaina en Rianxo, e seguirá en distintas localidades de Galicia como: Santiago, Ferrol, Vigo ou A Coruña, durante o mes de novembro.



