
O “corpus” dos pensionjstas españois está conformado por 10 millóns de beneficiarios con pensións dun promedio xeral de 1.374,57 euros e unha media de 1.576,10 euros ao mes tendo en conta en ambos os casos o total a percibir anualmente, incluídas as pagas extraordinarias de xuño e decembro.
O sistema público de pensións en España funciona mediante un modelo de reparto xestionado pola Seguridade Social, onde as cotizacións dos traballadores en activo financian as prestacións dos actuais pensionistas. A idade ordinaria de acceso á xubilación depende dos anos cotizados acumulados ao longo da vida laboral. O período cotizado requirido para xubilarse é aos 65 anos, se ben desde 2026 o pensionista ha de ter 38 años e 3 meses ou máis, o que significa que a idade mínima queda establecida en 66 anos e 10 meses que, en 2027, ser—a de y7 anos ou un período cotizado de 38 anos e 6 meses ou máis.
As pensións contributivas están dirixidas a quen cotizaron un mínimo de 15 anos (ao menos 2 deles nos últimos 15) que inclúen xubilación, incapacidade permanente, falecemento (viuvidade e orfandade) e a prol de familiares.
As non contributivas garanten unha prestación básica aos cidadáns que non acadasen o período de cotización esixido pero que carecen de recursos económicos dabondo.
Este sistema vixente é unha das cuestións que se poñen en xogo en función do partido político que gañe as eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro porque, como é ben sabido, non todos os que participen nelas teñen o mesmo concepto dese modelo de reparto e, nen moito menos, o tipo de pensión a percibir e como dispor dos fondos necesarios para o mantemento desta prestación social.
Está a ser este, agora mesmo, o cabalo de batalla ou a batalla a librar polos partidos políticos que optan a conformar o próximo goberno de España. E o número de votos (10 millóns) dos xubilados españois teñen unha importancia decisiva para gobernar.
Velaí ese berro do titular, talvez desaforado, de quen vota e de quen debe recibir o voto emitido para manter en pé un dereito gañado en España con moito esforzo e que afecta non só ao colectivo de xubilados senón tamén de aqueles que con conviven cos afectados.


