O Plan Único da Deputación acada os 178 millóns de euros (máis de 21,8 millóns de euros para o Barbanza)

14 Outubro 2026

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña acada este ano os 178 millóns de euros e faino trala aprobación, no pleno extraordinario celebrado hoxe, dunha achega adicional de 25 millóns de euros. Os fondos, aprobados por unanimidade, súmanse aos 153 millóns xa consignados ao longo do ano e distribuiranse con criterios obxectivos entre os 93 concellos da provincia para financiar obras e gasto corrente destinado ao funcionamento dos servizos municipais.

Segundo informaron fontes da Deputación, “esta nova ampliación reforza a capacidade dos concellos para atender as necesidades da veciñanza, executar obras e afrontar os gastos derivados da prestación dos servizos públicos”. O programa permite combinar a mellora das infraestruturas e dos equipamentos municipais co financiamento dos servizos que os concellos sosteñen a diario.

Cos fondos aprobados hoxe, o POS+2026 supera en 40 millóns de euros os 138 millóns que alcanzou o Plan Único en 2025. O incremento, de preto do 29 %, supón un importante reforzo da cooperación económica provincial cos municipios e amplía os recursos dos que dispoñen para desenvolver as súas políticas locais.

No caso do Barbanza, aprobouse hoxe un engadido de 3,15 millóns de euros, que se suman aos 18,7 previamente consignados. O resultado son máis de 21,8 millóns.

De 25 a 178 millóns de euros para os concellos

A Deputación fixo saber que “a dimensión económica alcanzada polo programa reflicte a transformación que supuxo a creación do Plan Único”. Así, o Plan de Obras e Servizos da Deputación contaba tradicionalmente cunha achega de 25 millóns de euros, e os 178 millóns deste ano multiplican por máis de sete aquela dotación e sitúan o financiamento municipal nunha escala moi superior. De feito, explica a Deputación, “a achega adicional aprobada hoxe equivale por si soa á dotación anual coa que contaba tradicionalmente o antigo POS”.

A Administración provincial salienta que “o Plan Único facilita que cada municipio decida o destino dos fondos en función das súas necesidades e así os concellos poden adaptar o financiamento provincial ás prioridades da súa veciñanza, tanto para impulsar obras como para atender os gastos dos servizos municipais”.

Esta flexibilidade, apuntan dende a Deputación, “resulta especialmente relevante para os concellos con menor capacidade financeira, nos que o apoio da Deputación permite abordar actuacións e asumir gastos que teñen un peso importante nos seus orzamentos”.

A ampliación aprobada hoxe dá continuidade ás achegas realizadas ao longo de 2026 e eleva a 178 millóns de euros o volume total do Plan Único, que na última década consolidouse como un instrumento central da acción provincial e do apoio económico da Deputación aos municipios.

Os municipios da área de Santiago reciben nesta achega adicional 7.189.148,14 euros, alcanzando un total de 50.328.649,16 euros de investimento. A área da Coruña e As Mariñas incorpora 5.733.118,88 euros e suma 41.977.287,81 euros durante 2026, mentres que a de Ferrolterra, Eume e Ortegal recibe 4.595.318,33 euros nesta achega adicional e chega aos 33.212.486,54 euros.

Pola súa banda, a comarca de Bergantiños e Costa da Morte incorpora 4.332.624,25 euros e alcanza os 30.650.221,23 euros. A do Barbanza suma outros 3.149.790,40 euros, que elevan a súa dotación total a 21.831.355,26 euros.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.