Adxudicada a iluminación decorativa do Nadal ribeirense por máis de 200.000 euros anuais

10 Outubro 2026

Co inicio do mes de outubro comeza a conta atrás para o Nadal e o Concello de Ribeira traballa xa na programación e ornamentación desta época festiva. En consecuencia, a Administración local adxudicou por 217.800 euros anuais, IVE incluído, o subministro, instalación e mantemento da iluminación á empresa Iluminaciones Santiaguesas S.L., ao ser a mellor oferta das dúas empresas que concorreron ao proceso.

O prazo de duración do contrato é de dúas anualidades, que se corresponden co período 2026-2027 e 2027-2028, e podendo prorrogarse por dúas máis nas mesmas condicións.

O Concello informou que “estes elementos ornamentais luminosos contribuirán ao embelecemento e ambiente festivo das rúas, así como á promoción e
ao fomento da economía local, especialmente, do pequeno comercio e da hostalaría como sectores empresarias estratéxicos para o municipio, pois supoñen un alto porcentaxe das vendas dos negocios”.

Colocaranse máis de 450 elementos luminosos (arcos, árbores cónicas, motivos laterais, photocall luminosos, figuras volumétricas…) en todo o municipio, tanto no centro urbano coma nas parroquias.

En consecuencia, increméntase a decoración respecto doutros anos co obxectivo de dotar de maior viveza a todo o termo municipal nesas datas.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La irresponsabilidad” – Manuel Domínguez

“La irresponsabilidad” – Manuel Domínguez

La irresponsabilidad, no se aplaude. La historia de Xan y Pirican. Ambos fueron a la escuela, ambos a la universidad. Xan pronto se enamoró, y años siempre con su mismo amor, Pirican era un picaflor, presumía de ser como la historia del viejo marino, un amor en cada...

“Xosé Manuel Beiras xa é do mundo de todos” – Antón Luaces

“Xosé Manuel Beiras xa é do mundo de todos” – Antón Luaces

Despedíase o decenio dos 60 do século pasado cando coñecín persoalmente a Xosé Manuel Beiras, con quen -anos máis tarde e especialmente no Parlamento de Galicia- mantiven estreita conexión.  O contacto entre ambos os dous comezou coa xeira de conferencias que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.