Belén do Campo e Esteban Ares visitan o CIM Móbil que dá servizo ás mulleres de Lousame

09 Outubro 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao alcalde de Lousame, Esteban Ares, reuniuse coas responsábeis do Centro de Información á Muller (CIM) móbil que na xornada de hoxe estivo instalado en Lousame para coñecer de primeira man o funcionamento deste servizo e informarse sobre os recursos e a atención que ofrece ás mulleres.

Do Campo e Ares animaron a todas as posíbeis persoas interesadas a achegarse na xornada de hoxe, a aproveitar este recurso que conta cunha traballadora social e unha psicóloga. Este servizo é a segunda vez que visita este Concello.

Durante o encontro, Belén do Campo interesouse polo traballo que desenvolve este recurso, que permite achegar aos concellos do rural servizos de información, orientación e acompañamento en diferentes ámbitos relacionados coas mulleres.

Neste senso, informou que este recurso reforza a rede de CIM fixos que conta con 84 centros na actualidade, dos que 29 están emprazados en concellos da provincia da Coruña e 4 na comarca do Barbanza en Muros, Noia, Ribeira, Boiro e Outes e que contan co apoio da Xunta para o seu financiamento.

O CIM móbil ofrece unha atención integral e multidisciplinar e percorre distintos concellos para facilitar o acceso a estes recursos ás mulleres que viven no rural, así como para desenvolver labores de información e sensibilización e de concienciación sobre a violencia de xénero.

Neste senso, a representante do Goberno galego informou, que no ámbito de influencia da delegación da Coruña, estarán o vindeiro 15 de outubro en Laxe, o 20 de outubro en Malpica de Bergantiños o 28 de outubro en Rois e o 30 de outubro en Santiso. Ao longo de todo o mes de outubro estará presente en 14 concellos de provincia.

A delegada destacou “a importancia de coñecer de primeira man o funcionamento deste servizo e o traballo que realizan os seus profesionais para atender as necesidades das mulleres e achegar os recursos de información e orientación aos municipios que non dispoñen dun CIM fixo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

Adiviña nº 2, escultura de May Lucas ADIVIÑA NÚMERO DOUS . . adiviña adiviña, . o que será que vén sendo é? . . é unha sobrante . desbotada entre a compra dun billete barato . e a publicación dunha historia . que caduca . á hora da seguinte historia. . . é un rañolas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.