O documental sobre a fotógrafa Mary Quintero proxectarase en Ribeira no 15 de outubro

09 Outubro 2026

O ribeirense Centro Cultural Lustres Rivas acollerá a proxección do documental Mary Quintero. Máis de 90 anos de creatividade, que se proxectará no xoves, 15 de outubro, ás 19.30 horas, ao abeiro da programación do Outono Cultural da Deputación da Coruña.

A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, manifestou que “continúan medrando as propostas para desfrutar da cultura durante o outono, poñendo o foco, nesta ocasión, nunha muller clave no mundo da fotografía”.

Baixo a dirección de María Ojea, esta peza audiovisual é un ensaio fílmico que percorre a dilatada traxectoria profesional de Mary Quintero. O documental destaca o seu papel como pioneira da fotografía profesional e do retrato en Galicia, sendo a primeira persoa en introducir en España o proxector de fondos e técnicas revolucionarias de retoque fotográfico en cor.

A entrada é libre e gratuíta

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

Adiviña nº 2, escultura de May Lucas ADIVIÑA NÚMERO DOUS . . adiviña adiviña, . o que será que vén sendo é? . . é unha sobrante . desbotada entre a compra dun billete barato . e a publicación dunha historia . que caduca . á hora da seguinte historia. . . é un rañolas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.