O alumnado do Obradoiro de Emprego Noia-Outes-Lousame pon a punto os espazos de lecer de Noia

09 Outubro 2026

O alumnado do Obradoiro de Emprego Noia-Outes-Lousame pon a punto os espazos de lecer de Noia. Este xoves 8 de outubro realizaron traballos de mantemento no paseo marítimo. A vindeira semana continuarán estas tarefas en distintos puntos do concello, tamén na contorna de San Lázaro, segundo confirmaron dende o Concello, engadindo que estas actuacións forman parte das prácticas da súa formación no ámbito forestal, combinando a aprendizaxe cun traballo que repercute na conservación e mellora dos espazos que comparte a veciñanza.

Dende o Concello agradeceron ao alumnado e ao equipo docente “o seu esforzo, a súa implicación e o coidado co que están a desenvolver estas tarefas”.

O Obradoiro de Emprego Dual Noia-Outes-Lousame 2026 é unha iniciativa conxunta destes tres concellos, financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia cun investimento de 522.052 euros. O obxectivo prioritario é formar e contratar a 20 persoas desempregadas durante un período de 9 meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

Adiviña nº 2, escultura de May Lucas ADIVIÑA NÚMERO DOUS . . adiviña adiviña, . o que será que vén sendo é? . . é unha sobrante . desbotada entre a compra dun billete barato . e a publicación dunha historia . que caduca . á hora da seguinte historia. . . é un rañolas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.