O Museo do Gravado de Artes clausura o 25 de xuño a mostra BarbantiaRte 2020

17 Xuño 2020

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira), en colaboración coa Asociación Cultural Barbantia, van clausurar o vindeiro 25 de xuño o Encontro de Creadores e Creadoras do Barbanza (BarbantiaRte 2020), que vén de celebrar esta tempada a súa sétima edición. Esta exposición colectiva reúne 81 artistas da comarca do Barbanza e ocupa as salas 0 e 1 do Museo do Gravado.

Segundo lembra o Museo, esta exposición é un reflexo da actualidade creativa recente do Barbanza, servindo de encontro a artistas de diferentes xeracións, que apostan por un abano diverso de estilos e formatos (performance, óleo, gravado, fotografía, escultura, esmalte, vídeo-creación) e que proceden de moi distintos emprazamentos creativos (obradoiros consagrados ou acabados de pór en marcha, de artistas naturais da nosa comarca ou residentes dela, a título individual ou a través do traballo de colectivos como AMBAR para persoas con diversidades funcionais, etc).

O Encontro de Creadores e Creadoras do Barbanza clausurará as súas portas o xoves, 25 de xuño, ás 20.30 h no Museo do Gravado. Ese mesmo día presentarase o catálogo da mostra, BarbantiaRte VII.

Debido á redución de aforo polas medidas preventivas contra o COVID-19, cómpre reservar localidade en fundartes@gmail.com ou no tlf.: 981 871 342 (de martes a sábado de 09.00 a 16.00 h).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...