En Rianxo o Concello desenvolve en outubro e novembro un novo curso de lingua de signos (nivel A1.2)

08 Outubro 2026

O Concello de Rianxo, a través do Servizo de Xuventude, organiza un novo curso de lingua de signos. Terá unha duración de 30 horas e corresponderase co nivel A1.2, que é o que deben afrontar as persoas que xa teñen o nivel básico (nos últimos meses impartiuse tamén en Rianxo o curso correspondente ao nivel A1.1, o básico).

O curso está dirixido á mocidade de 16 a 35 anos empadroada en Rianxo, se ben poderán acceder outras persoas no caso de que queden prazas dispoñíbeis.

As inscricións están abertas ata o 12 de outubro.

O prezo é de 50 euros, con prezo reducido de 35 euros (persoas en situación de desemprego, estudantes, membros de familias numerosas, persoas con discapacidade e persoas vítimas de violencia de xénero).

Desenvolverase os días 20, 22, 27 e 29 de outubro; 3, 5, 10, 12, 17 e 19 novembro (martes e xoves).

O horario será de 16.30 a 19.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...