A influencia anticiclónica afiánzase sobre a comunidade galega durante a xornada deste xoves, condicionada por unha marcada circulación de vento de compoñente nordés. Esta configuración meteorolóxica deixará un panorama xeral de tempo seco e solleiro na maior parte do territorio, aínda que con diferenzas segundo a xeografía.
O día comezará coa formación de bancos de néboa matinais en diversas comarcas do interior, que irán disipándose a medida que avancen as horas. Nas Rías Baixas e as comarcas centrais, predominarán os ceos moi abertos e con amplos claros ao longo de toda a xornada.
No referente aos termómetros, as temperaturas mínimas rexistrarán un lixeiro descenso, deixando un amencer algo máis frío, mentres que os valores máximos manteranse sen cambios significativos respecto a días anteriores.(máximas 19 a 23 graos).
O vento será outro dos elementos salientables do día: soprará moderado de compoñente nordés en todo o territorio, alcanzando intervalos de forte no litoral da Costa da Morte e nas zonas costeiras máis expostas.

O noso mar; Vento do nordés á mañá e do nordés á tarde e á noite, forza 4 a 5 á mañá e 5 a 6 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros.



