A Deputación da Coruña abre o prazo de adhesión dos comercios á 2ª edición de MercaNaVila

07 Outubro 2026

A Deputación da Coruña abriu onte o prazo de adhesión dos comercios á segunda edición de MercaNaVila. Os establecementos dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes poderán inscribirse ata o 20 de outubro a través da plataforma da campaña para participar neste programa de bonos de desconto, dotado con 5 millóns de euros.

A iniciativa, desenvolvida coa colaboración da Federación Galega de Comercio e de Abanca, enmárcase no apoio da Deputación aos pequenos municipios e ao seu tecido comercial. O obxectivo é impulsar as compras de proximidade, reforzar a actividade dos negocios locais e contribuír a manter o emprego e os servizos que ofrecen á veciñanza.

A institución provincial prevé superar amplamente os 1.000 establecementos nesta segunda edición. A través dos bonos para descargar, a campaña “combina o aforro para as persoas consumidoras cun estímulo directo ás vendas dos comercios adheridos”, informou a Deputación, salientando que “trala boa experiencia de 2025 foi renovada a campaña coa previsión de mobilizar arredor de 25 millóns de euros en compras, multiplicando por cinco o investimento público destinado aos bonos”.

Este gasto, engadiu a Deputación, “repercutirá directamente nos negocios participantes e na economía dos municipios de menor poboación”.

Os bonos poderán descargarse a partir do 20 de outubro

A partir do 20 de outubro, as persoas maiores de idade poderán descargar os bonos na web de MercaNaVila e beneficiarse de ata 100 euros en descontos por persoa. As bonificacións aplicaranse directamente no momento da compra e oscilarán entre os 10 e os 30 euros por operación, en función do importe.

Os bonos poderán utilizarse nos establecementos adheridos entre o 20 de outubro e o 20 de novembro de 2026 ou ata o esgotamento do crédito destinado ao programa.

A Federación Galega de Comercio colabora na difusión da iniciativa e na incorporación dos establecementos a través da súa rede, mentres que Abanca participará na operativa dos bonos e das transaccións vinculadas á campaña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El faro del Camino de Santiago”. Alberto Barciela

“El faro del Camino de Santiago”. Alberto Barciela

Las rutas hacia Compostela persisten inamovibles, pavimentadas de pasos, de experiencias y de historias que transitan por los siglos y hacia otras geografías. Como bien recordó el historiador Marc Bloch, el Camino de Santiago fue, más que una ruta de fe, el gran canal...

“Amancio”. Xulio Xiz

“Amancio”. Xulio Xiz

En tempos, había un Amancio famoso, grande do futbol dentro e fóra de España, que fixo popular ese nome. Na actualidade, eu teño dous amigos que se chaman Amancio, que me provocan unha grande simpatía.Un, cantor singular, Amancio Prada, ao que trato hai máis de catro...

O Barbanza

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.