O BNG de Outes di que o Goberno local mantén unha vivenda municipal de alugueiro pechada “por máis de 500 días”

07 Outubro 2026

O Bloque Nacionalista Galego de Outes, a través do seu voceiro Anxo Núñez, emitiu un comunicado crítico co Goberno local por “manter unha vivenda municipal de alugueiro pechada por máis de 500 días”.

No comunicado o grupo refírese á vivenda social municipal que foi preparada, arranxada e amoblada para o seu uso o ano pasado por parte do anterior goberno local, emprazada na antiga Escola do Bosque e propiedade do Concello.

Dende o BNG lémbrase que o inmóbel xa conta coa normativa necesaria para alugala pero “máis dun ano e medio despois, o PP mantena pechada sen facer nada ao respecto”. De entrada, sinala Anxo Núñez, “isto significa para as arcas municipais unha perda de entre 3.000 e 5.000 € de amortización do investimento e 19 meses dunha vivenda baleira que podería estar prestando servizo á veciñanza”.

Lembra no comunicado que “o Concello é propietario de varias vivendas coma esta que se atopan en abandono total dende hai décadas”, pero, engade, “o Partido Popular nunca fixo nada por coidar este patrimonio de toda a veciñanza”. Sinala tamén que algunhas delas, como a de Cando, “levaba pechada a cal e canto dende o peche da propia escola”.

Para Anxo Núñez, hai dúas opcións: “Ou se deixan caer as propiedades a anacos ou se arranxan e se alugan”. E engade: “No BNG témolo claro, hai que manter o que é de todos e todas e poñelo ao servizo da veciñanza. É por iso polo que tiñamos tamén en proxecto arranxar as vivendas de Lantarou, Tarás e outras. O razoábel é ir pouco a pouco, amortizando os investimentos municipais a través dos alugueiros á vez que se crea unha bolsa de vivenda municipal en Outes para dar un servizo e contribuír ao asentamento poboacional”.

Outros artigos

O Jallejo gaña a sexta edición do certame CeibaRimas

Fotos: @inefable.gz e @karte_foto_gz O CeibaRimas celebrou o pasado fin de semana en Rianxo a súa sexta edición cunha xornada que reuniu máis de 30 persoas participantes na competición de freestyle en galego (varias delas facíano por vez primeira en galego). Segundo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amancio”. Xulio Xiz

“Amancio”. Xulio Xiz

En tempos, había un Amancio famoso, grande do futbol dentro e fóra de España, que fixo popular ese nome. Na actualidade, eu teño dous amigos que se chaman Amancio, que me provocan unha grande simpatía.Un, cantor singular, Amancio Prada, ao que trato hai máis de catro...

“Praias de silencio”. Xosé Antonio López Silva

“Praias de silencio”. Xosé Antonio López Silva

Ángel González ten un fermoso poema titulado «Inventario de lugares propicios al amor». Hoxe, na vertixe desta época, seguimos a precisar ese percorrido do poeta ovetense, e quizais algúns máis: un sobre os lugares propicios para a lentitude; outro, sen dúbida, para...

O Barbanza

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.