
O espectáculo Esfínter 6 chega a Ribeira con Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas para deixar boas doses de humor. Esta comedia terá lugar no 28 de decembro, ás 20.00 horas, novo Auditorio municipal.
Nesta entrega, os tres comediantes e amigos repasarán o sucedido ao longo de todo o ano con moito humor. Noventa minutos de risas, sorpresas e confesións. Despois de cinco edicións e miles de espectadores, Esfínter vai camiño de consolidarse como un espectáculo a representar no Nadal, onde compartir gargalladas.
“Traballamos xa na programación do Nadal e traemos unha nova actividade para desfrutar da cultura nesta época festiva. Unha comedia protagonizada por tres grandes do humor a nivel nacional que nos farán desfrutar dun momento moi divertido. As risas están aseguradas”, segundo explica a concelleira de Cultura, Ana Barreiro.
A venda das entradas comeza no mércores, 7 de outubro, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase paralelamente na páxina web www.ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da Casa Consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais (só con tarxeta bancaria), o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 24 euros, máis gastos de xestión.




