Un novo curso de introdución á lingua e á cultura galega impartirase en Ribeira

06 Outubro 2026

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha, co apoio da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Lingua), un novo curso de introdución á lingua e á cultura galegas.

“Seguimos a traballar na formación e actividades que fomentan a aprendizaxe e o uso da nosa lingua. Xa a finais de setembro anunciamos un curso preparatorio do CELGA”, explicou a concelleira de Promoción da Lingua, Nucha Brión, xunto á normalizadora lingüística do Concello, Alicia Padín.

Segundo engadiron, trátase dunha acción formativa presencial e gratuíta dirixida ás persoas que teñen contacto co galego por primeira vez e que se
impartirá do 15 ao 30 de outubro, de luns a venres, de 09.30 a 11.30 horas, na Casa da Xuventude.

O dito programa consta de 20 horas e está deseñado para promover o emprego do galego e o coñecemento da cultura galega en distintos ámbitos da poboación e en tódolos contextos da sociedade.

No remate, outorgarase un certificado de formación de 20 horas ao alumnado que asista á clases regularmente e que supere unha proba final presencial.

As inscricións formalizaranse de xeito gratuíto no Servizo de Normalización Lingüística situado no Centro Cultural Lustres Rivas e cubrir o formulario de forma presencial antes do 14 de outubro, de luns a venres, en horario de 08.00 a 14.00 horas.

Outros artigos

Rianxo acollerá o 17 de outubro unha nova edición da Gladiator Kids

Rianxo acollerá o 17 de outubro unha nova edición da Gladiator Kids. Trátase dunha carreira de obstáculos de carácter lúdico, solidario e non competitivo dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. A proposta está pensada para que os máis pequenos gocen da...

+

Leiro (Rianxo) comeza este venres 9 as súas Festas do Carme

Xa metidos de cheo no mes de outubro, a festa non se detén. Esta fin de semana e parte da seguinte, dende o venres 9 ata o luns 12, celebraranse as Festas do Carme na parroquia de Leiro, en Rianxo. O cartel inclúe unha completa programación de orquestras, grupos e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desaloxos” – José Manuel Pena

“Desaloxos” – José Manuel Pena

A quen beneficia os desaloxos de familias vulnerables, sen alternativa habitacional? Grazas a algúns partidos da dereita política e económica os lanzamentos de vivendas habituais continúan con total alegría e desamparo xudicial. O negocio da vivenda continúa con total...

O Barbanza

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.