“Facer da crise da vivenda unha bandeira electoral non é ilegal” – Antón Luaces

06 Outubro 2026

Os decretos de vivenda que o Goberno tenciona aprobar novamente hoxe no Consello de Ministros, poderían ter unha tramitación complicada na Deputación Permanente do Congreso dos Deputados.

Aínda que é legal, o terremoto político xerado a partir do que o citado organismo tombara o venres, os dous decretos de vivenda coa convocatoria de eleccións anticipadas, seguirá a sumar capítulos durante as vindeiras semanas após que o Consello de Ministros aprobe hoxe un novo decreto malia a disolución das Cortes. 

O Executivo de Pedro Sánchez tenciona facer da crise da vivenda unha das súas principais bandeiras electorais. E hai quen asegura que vau tentar usar unha estratexia legal para sortear a oposición do Pleno do Congreso, onde o venres non puido aglutinar unha maioría  abondo para convalidar os dous decretos.

Coas Cortes disoltas, corresponderá á Deputación Permanente da Cámara Baixa convalidar ou derrogar o texto aprobado polo Consello de Ministros. 

Aquí é onde se atopa o cravo ao que o Goberno tenta agarrarse para sacar avante a súa proposta.

A diferencia do Pleno do Congreso na Deoutación Permanente non sería necesario o apoio de Junts para apoiar o decreto. Bastaría o si do PNV (que xa votou a prol do primeiro dos textos que o Ministério da Vivenda e Axenda Urbana elaborou contrarreloxo) que, segundo os expertos do sector inmobiliario suporía “un troco do xogo á metade do partido” que ameazaba tanto á seguridade xurídica como á saída ao mercado  de máis oferta de alugueiro, a grande necesidade do mercado ante a alza continuada dos prezos.

O texto que aprobou o Consello de Ministros entraría en vigor sen necesidade de agardar a súa convalidación, aínda que cabe recurso de inconstitucionalidade que debería dirimir o tribunal que preside Cándido Conde-Pumpido mentres permanece vixente.

Outros artigos

“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro

Estaban todos apañando patacas, alí onde moitas veces o fixeron, na Cortiña, naquela terra desementeira, ao pé da casa, mesmo detrás da figueira e da maceira, na que se agocha e dorme unhagaliña branca que abandonou o galiñeiro. Foi unha tarde de lembranzas, de...

+

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

Hay personas que, cuando se van, dejan un vacío. Y hay otras que, de alguna manera, consiguen quedarse para siempre. Paco Corral, padre, es de estas últimas. Paco se ha hecho eterno. Nació en Carballiño, pero hizo su vida en Arcade y Soutomaior, donde dejó una huella...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.