Martes 6, xornada con chuvascos treboentos e caída das temperaturas máximas

05 Outubro 2026

A comunidade galega continuará baixo a influencia da inestabilidade atmosférica provocada pola presenza de aire frío en altura sobre a vertical do territorio. Esta configuración deixará un panorama dominado polos ceos anubrados durante practicamente todo o día e precipitacións en forma de chuvascos intermitentes.

As choivas poderán acadar puntualmente unha intensidade forte e non se descarta que veñan acompañadas de aparello eléctrico e saraiba en diversos puntos do mapa.

Polo que respecta aos termómetros, os valores mínimos apenas rexistrarán variacións con respecto a días pasados, mentres que as temperaturas máximas sufrirán unha caída bastante acusada, deixando un ambiente fresco ao longo de toda a xornada.(máximas de 22 graos). O vento comezará o día moi frouxo ou en calma, rolando e fixándose de compoñente oeste a medida que avance a tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 2 a 4 á mañá e 1 a 3 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

O Concello de Noia retira da Alameda dúas árbores mortas

Durante os traballos previos á obra que se vai realizar no parque infantil da Alameda de Noia, os operarios municipais detectaron que varios dos exemplares existentes presentaban un estado de deterioro moi avanzado. En concreto, foi necesario retirar dúas árbores que...

+

Noia rende homenaxe a Sebastián Paz Suárez

O Coliseo Noela de Noia acolleu este domingo 4 de outubro ao mediodía o acto de homenaxe de pobo e do Concello de Noia ao escritor, músico, activista cultural, profesor e investigador Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943). No acto participaron arredor de 300 veciños,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro

“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro

Estaban todos apañando patacas, alí onde moitas veces o fixeron, na Cortiña, naquela terra desementeira, ao pé da casa, mesmo detrás da figueira e da maceira, na que se agocha e dorme unhagaliña branca que abandonou o galiñeiro. Foi unha tarde de lembranzas, de...

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

Hay personas que, cuando se van, dejan un vacío. Y hay otras que, de alguna manera, consiguen quedarse para siempre. Paco Corral, padre, es de estas últimas. Paco se ha hecho eterno. Nació en Carballiño, pero hizo su vida en Arcade y Soutomaior, donde dejó una huella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.